A licitación do segundo treito da autovía no Morrazo, no DOG

Plano autovía do Morrazo_segunda parte_2

 Acceso ao DOG

A Xunta de Galicia publica hoxe no Dieario Oficial de Galicia (DOG) a licitación das obras de conversión en autovía do segundo treito do Corredor do Morrazo, entre Domaio e Meira, por un valor de preto de 18 millóns de euros. A Consellería de Infraestruturas e Vivenda iniciará a execución desta infraestrutura no vindeiro ano.

O contrato permitirá dar continuidade ao desdobramento do tramo Enlace de Rande-enlace de Domaio, que está xa en fase de obras. Sinalar que a data límite de obtención de documentación e información é o vindeiro día 3 de febreiro de 2016

O proxecto construtivo do segundo tramo define o desdobramento do segundo dos tres subtreitos no que se executarán as obras de conversión en autovía do corredor do Morrazo. A actuación comeza no enlace de Domaio, no pk 3+070 da actual corredor, e finaliza no enlace de Meira, no pk 7+280.

DESDOBRAMENTO E MELLORA DOS ENLACES

Ao longo dos máis de 4 quilómetros de actuación, ademais do desdobramento do tronco proxéctanse as seguintes obras principais: remodelación dos enlaces de principio e fin da actuación, duplicado do viaduto da Mó, de 430 metros, e ampliación de dous pasos inferiores e dun superior.

No desenvolvemento da solución proxectada, queda ademais a execución dunha futura área de servizo en Meira, no PK 4+810, para o que se construirán os ramais que permitirán todos os movementos de entrada e saída da mesma incluída a execución dun novo paso superior sobre a autovía.

O proxecto desenvolve o trazado aprobado pola Xunta en 2013, que respecto ao licitado anteriormente recolle, entre outros, axustes de deseño en planta e en alzado para minimizar os movementos de terras, compensando no posible o volume de desmonte co de terraplén e a alternancia do desdobramento pola marxe dereita e pola esquerda.

A conversión en autovía do Corredor do Morrazo é a infraestrutura viaria que absorbe o maior investimento nos Orzamentos da Xunta para 2016. Esta partida, de case 18 millóns de euros, permitirá que estean en plena execución o vindeiro ano as obras do treito I, o inicio das obras do treito II e o avance no treito III.

Con estre proxecto dotarase á comarca do Morrazo dunha autovía libre de peaxe, que resolva os problemas de capacidade do corredor actual, xa que por esta vía circulan 15.000 vehículos cada día, unha cifra que chega ata os 20.000 moitos días de verán.

 

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar