A Xunta aposta por paliar a desigualdade de xénero na Ciencia

susana López Abella_Mulleres na Ciencia 1
A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou esta mañá na inauguración da Xornada “Mulleres na Ciencia”, na que apostou por adoptar medidas concretas para paliar a desigualdade de xénero na ciencia e dar un maior protagonismo ás mulleres neste eido.

Segundo relatou, diversos estudos corroboran a baixa participación das mulleres no campo da investigación científica e tecnolóxica, dando como resultado “actividades masculinizadas”, tanto nas súas distintas especialidades, coma no desenvolvemento da actividade investigadora e na carreira profesional.

A titular de Igualdade explicou que, a pesar dos avances dos últimos anos, mantense una forte segregación horizontal, as mulleres concéntranse nas actividades científicas consideradas «brandas» mentres os homes teñen maior presenza na tecnoloxía; e vertical, ao estar os postos de toma de decisións ocupados maioritariamente por homes tanto no ensino, na investigación, e no proceso global de transferencia e actividade produtiva.

López Abella apostou pola estratexia denominado “mainstreaming de xénero”, que combina a integración transversal da perspectiva de xénero en todos os ámbitos de actuación, incluída a ciencia; xunto coa adopción de medidas específicas dirixidas a mulleres, necesarias para eliminar as desigualdades entre mulleres e homes.

susana López Abella_Mulleres na Ciencia 2

 

Así, destacou a creación da Unidade de Muller e Ciencia da Xunta, coa finalidade de incorporar unha área interdepartamental de traballo para dinamizar e transformar o sistema de ciencia e tecnoloxía galego, a través da integración da perspectiva de xénero como estratexia de avance nun modelo de sociedade máis xusta.

O Goberno galego, a través desta Unidade, está a elaborar o II Programa Galego de Muller e Ciencia 2016-2020, no que participan distintos departamentos da adminitración autonómica e que tratará de modificar o enfoque da investigación e a práctica científica para avanzar na Igualdade. Por sio, rematou, “é imprescindible que se aborde en tres dimensións: os valores e a cultura organizacional -institucional-; as persoas; e os procedementos de traballo recollendo os tres obxectivos do Horizonte 2020: equilibrio na toma de decisións, nos equipos de investigación e nos Contidos”.

No acto tamén participaron a vicerreitora de Investigación e Innovación, Isabel Rodríguez-Moldes; a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo de Santiago, Marta Lois; e o director da Escola Técnica Superior de Enxeñaría, Antonio Mosquera. Tras a inauguración, a presidenta da “Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas”, Capitolina Díaz, ofreceu un relatorio sobre a ‘Perspectiva de xénero no Horizonte 2020’.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar