Un deportista ourensán, campión do mundo de ximnasia de trampolín

Daniel Pérez_ximnasta e campión do mundo de trampolín_Baltar_Depourense

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, acompañado do asesor de Deportes da institución provincial, Bernardino González, recibiu no Pazo Provincial ao ximnasta ourensán Daniel Pérez, quen acadou un récord no campionato do mundo de ximnasia na modalidade de trampolín, celebrado o pasado mes de novembro en Odense (Dinamarca). Daniel Pérez, de 21 anos, integrante da selección española, entrou na historia da ximnasia ao converterse no primeiro ximnasta en executar un cuádruple salto mortal na modalidade de «Dobleminitramp», realizando unha magnífica final na que acadou o 4º posto cun elemento de máxima dificultade.

O presidente do goberno provincial felicitou a Daniel Pérez «por ser un referente na ximnasia ourensá, que tantos logros ten dado ao deporte na nosa provincia» e animouno a seguir progresando e colleitando éxitos nas vindeiras competicións nas que vai participar: o Campionato de Europa, que se celebrará en Valladolid os vindeiros meses de marzo e abril de 2016, e os Xogos Mundiais de 2017, que terán lugar en Cracovia (Polonia).

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar