Orzamentos 2016: crecen os investimentos e o gasto social e redúcense impostos

Os Orzamentos da Xunta para 2016 resúmense en un incremento dos investimentos e do gasto social, mentres que haberá menos débeda e os cidadáns galegos pagarán menos impostos.

O Goberno galego aposta por un “crecemento san” baseado no rigor e no exercicio responsable do autogoberno. A Xunta disporá o vindeiro ano de 430 millóns de euros máis que no actual exercicio, que terán como obxectivo trasladar a recuperación económica a todos os fogares.

 

San Caetano_Xunta_entrada vella

 

O gasto non financeiro da Xunta para 2016 sitúase en 8.804 millóns de euros, cun incremento do 4,3% sobre o presente exercicio. Ademais, a Xunta aplicará en 2016 a maior baixada de impostos da historia da comunidade, que terá especial incidencia no tramo autonómico do IRPF, no Imposto sobre Sucesións e Doazóns e nun programa de «impostos cero» no rural. O impacto desta medida fiscal rondará os 140 millóns de euros.

Estes Orzamentos son os primeiros nos que se produce unha importante recuperación dos ingresos, froito da mellor situación económica. Neste contexto, os fondos europeos ascenderán ata os 522 millóns de euros, o que supón un crecemento do 25%.

 

FAVORABLE EVOLUCIÓN DO PIB

 

Ademais, revísase á alza da evolución do PIB galego para o 2016, cun crecemento do 2,5% -unha décima máis do previsto-, mentres que a taxa de desemprego seguirá baixando e reducirase case dous puntos ao longo do ano.

A Xunta disporá en 2016 de 430 millóns de euros máis de capacidade de gasto, posto que ao incremento do gasto non financeiro (365 millóns) hai que sumarlle a redución do capítulo de gasto de débeda (65 millóns). Precisamente, a boa xestión do endebedamento por parte do Goberno galego permitirá diminuír o gasto en tipos de xuro en case un 20%, que se engade á baixada do 5% rexistrada xa este ano.

 

1.400 MILLÓNS A INVESTIMENTOS

 

 

Os Orzamentos para 2016 elevan o capítulo investidor, que medra un 14% para destinar 1.417 millóns de euros a investimentos reais e transferencias de capital, 174 millóns máis que en 2015, o que permitirá consolidar a Galicia entre as comunidades con maior esforzo investidor.

En canto á competitividade, a Xunta destinará 100 millóns de euros no apoio ás partidas de industrialización e a internacionalización, mentres que as de crecemento intelixente aumentan un 8,1% e superan os 89 millóns.

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar