O presidente escoita en Carballo a mariñeiros do cerco

Feijóo rifirafe con mariñeiros do cerco en Carballo_xerais 2015

   O presidente da Xunta e do PP galego, Alberto Núñez Feijóo, atendeu a tres mariñeiros do cerco antes de participar nun mitin na localidade coruñesa de Carballo, a capital de Bergantiños, onde a sala quedou pequena para recibir veciños de toda a bisbarra.

O encontro, preto das 21,00 horas, produciuse despois de varios intentos de contacto por parte dos mariñeiros do cerco, que permanecen acampados dende hai 50 días ante San Caetano e levan sin poder dous meses faenar. Previamente acudiran a Marín e Lalín, entre outros lugares, pero non conseguiran acceder ao presidente.

Esta vez, antes de entrar no edificio, e rodeado dun forte dispositivo de seguridade, Feijóo atendeu aos mariñeiros, dous de Malpica e un de Vigo, que lle entregaron unha carta coas súas reivindicacións e pedíronlle que os recibise para abordar a súa problemática.

Feijóo defendeu que el xa se reunira con eles e subliñou que a repartición de cota «se pactou» entre os barcos. «Sei de que vai isto, sei de que vai isto», repetiulles o mandatario autonómico, quen reivindicou que se lograran 500 toneladas.

Os mariñeiros do cerco botáronlle en cara que eles eran «a maioría», que representan o 80 por cento do sector, e apelaron a que estaban en «democracia» para instar a que se cumprise co que eles demandaban, por ser o parte máis numeroso de confrarías.

«¡Non nos representas!», «Mira á cara a esas 1.200 familias!», «¡Non es galego nin nada!», «¡Axúdanos, joder!», escoitouse entre os mariñeiros do cerco, xa que unha vintena deles permaneceu apostada ante o Pazo da Cultura con pancartas, detrás das cales –na que rezaba ‘Eu apoio o cerco– chegouse a situar o alcalde popular de Malpica, Eduardo Parga Veiga».

ALCALDE DE MALPICA DETRÁS PANCARTA

De feito, o propio Parga intermediou co presidente da Xunta, segundo comentou antes do encontro, para que Feijóo atendese os mariñeiros afectados por esta problemática, se ben defendeu o mandatario autonómico: «Se fose tan doado xa o tería solucionado».

Finalmente, o presidente despachou os mariñeiros asegurando que el sabía do que falaba e cun «vale, vale», ante os reproches que recibía para que mediase na situación na que se atopan.

Xa no mitin, o mandatario autonómico remarcou que o PP é o partido que «apoia o mar». «Por moito que digan algúns, somos os que máis sabemos de mar e os que máis defendemos o mar. Ide contalo aos de Podemos onde está Malpica e Bergantiños, e que e como se pesca», proclamou.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar