O Padroado da Fundación Semana Verde prepara as actividades de 2016

Alfonso Rueda_Nava Castro_Semana Verde Silleda_sorrintes

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda presidiu a reunión do Padroado da Semana Verde, que tivo lugar esta tarde no Recinto Feiral de Silleda, no que se aprobou a incorporación dos novos membros do Padroado, se fixo balance do ano 2015 e se analizaron as previsións para o vindeiro exercicio.

Rueda relatou, en declaracións ao inicio da reunión, que incorpóranse ao Padroado os novos membros en representación da Deputación de Pontevedra, que serán Francisco Dios e Carlos López Font, así como á nova secretaria de Medio Rural, Carmen Bouso.

Segundo a execución do orzamento deste ano e as contas previstas para o 2016, a Fundación presenta unha clara recuperación económica e consolidase tras anos de moito traballo e de moitos esforzos, empezando polos seus traballadores, segundo avanzou o vicepresidente.

Este ano está previsto que as contas se pechen unha vez máis sen perdas e amortizando parte da débeda da entidade, que era de 500.000 euros. Así, segundo destacou o vicepresidente, o vindeiro ano quedará amortizada toda a débeda.

Este ano, por primeira vez practicamente na última década, freouse a caída de entrada de reses e volume das transaccións na Central Agropecuaria, superando as cifras do ano pasado en máis dun 3%.

Rueda_Semana Verde de Silleda

EVENTOS

Durante o ano 2015, a Semana Verde acolleu 13 eventos, o número máis elevado dos últimos anos, e nos que cinco son novos, coma Spring Festival, Equina, XGN, Quedada do motor e o Silleda Park, o primeiro evento da Fundación que está dirixido especificamente aos máis pequenos e que suporá a apertura do recinto durante o Nadal.

Trátase sen dúbida dunha iniciativa innovadora e que encaixa perfectamente na política de abrir a Semana Verde cada vez a máis público, pero tamén á de dinamizar o recinto con novas actividades, que cada vez haxa máis eventos e tentar que funcione durante todo o ano. Para o vindeiro ano, está previsto incrementar ata 16 o número de eventos.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar