Atletas olímpicos participan mañá en Porto do Son nos actos previos do «SinSon10K»

Sin son 10 quilómetros_proba ciclista Porto do Son

 

A organización da carreira SinSon10k celebra mañana sábado a Feira do Corredor en Porto do Son, como prólogo da proba que se correrá o domingo día 13 entre Portosín e Porto do Son, na que se darán cita2.878 persoas, 2.203 na categoría de adultos e 675 na de escolares.

A Feira do corredor conta con stands de tendas de material deportivo e sesións técnicas impartidas por profesionais do atletismo. No programa deste ano destaca tamén a homenaxe que se rendirá a Alfonso Ortega Casasnovas, por toda unha vida adicadaao atletismo galego e nacional.

Entre os atletas de élite que estarán o domingo na liña de saída estarán Chema Martínez, atleta olímpico e campión de Europa de 10.000m.l.; os actuaiscampións de España de maratón, ruta e 1.500m.l., Pedro Nimo;Alejandro Fernández, Solange Pereira, e atletas internacionais como Manuel Hurtado, RobertasGeralavicius, Hassan Lekkili, Paula Mayobre, Sandra Mosquera ou Elías Domínguez, entre outros. E asemade, rostros de recoñecidosprofesionais, como o docociñeiro Yayo Daporta, xurado de Top Chef na pasada edición e propietario do restaurante que leva o seunome en Cambados, con estrelaMichelín edos soles Repsol.

Os horarios son os seguintes:

Sábado 12 de decembro

  • 19.30 horas, charla coloquio con Chema Martínez, Pedro Nimo, Solange Pereira, o presidente da Federación Galega de Atletismo, o alcalde de Porto do Son e Alfonso Ortega. Na Casa da Cultura de Porto do Son.

Domingo, 13 de decembro

  • 08.00h-09.10h, recollida de dorsais 10k: Peirao de Portosín
  • 10.15h, carreira escolar infantil/cadete. Peirao de Porto do Son
  • 10.30h, saída da carreira SinSon10k.Peirao de Portosín
  • 11.45h, finalización da SinSon10k. Peirao de Porto do Son, explanada da lonxa
  • 12.35h, homenaxe a Alfonso Ortega Casasnovas. Peirao de Porto do Son
  • 12.45h, entrega de premios. Peirao de Porto do Son, explanada da lonxa

Para facilitar o disfrute da carreira en familia, a organización ten planificada unha oferta con servicio de gardería, entretemento e ocio para os máispequenos, con hinchables e obradoiros, atendido por un equipo de monitores.

 

 

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar