A carreira popular «SinSon 10k» de Porto do Son achégase xa aos 3.00 participantes

Sin son 10 quilómetros_proba ciclista Porto do Son

 

Un total de 2.878 persoas van tomar parte o vindeiro domingo na carreira popular «SinSon 10k», o que representa un 37% de crecemento sobre a participación do pasado ano. A organización valora moi positivamente este récord de participación nesta 4ª edición, un feito que, en palabras do director da proba, Miguel Mayán, “pon de relevo o crecente arraigo popular da carreira, paralelo aoprestixio da cita no mundo do atletismo”. Do total de persoas inscritas, 2.203 figuran na categoría de adultos e 675 na de escolares.

Esa combinación de atletas de élite e afeccionados, unidos polo reto de percorrer á maior velocidade a distancia que vai de Portosín a Porto do Son, bordeando a Ría de Muros-Noia, fai da Sinson unha cita única e singular no calendario de carreiras populares de Galicia.

Entre os atletas de élite, estarán o domingo ás 10.30 horas na liña de saía de Portosín Chema Martínez, atleta olímpico e campión de Europa de 10.000m.l.; os actuais campións de España de maratón, Ruta e 1.500m.l., Pedro Nimo; Alejandro Fernández, Solange Pereira, e atletas internacionais como,Manuel Hurtado, RobertasGeralavicius, Hassan Lekkili, Paula Mayobre, Sandra Mosquera ou Elías Domínguez, entre outros.
A SinSon é una carreira popular única polo seu trazado paralelo ao mar. Trátase dunha proba de modalidade en liña con saída en Portosín e meta en Porto do Son, cun percorrido de 10 Kilómetros que transcorre pegado á Ría de Muros-Noia, co slogan «corremos mirando ao mar», como esencia da grandeza e singularidade paisaxística do trazado.

 

XEITOS INNOVADORES DE FACER TURISMO

 

A iniciativa, promovida polo Concello de Porto do Son co obxectivo de explorar xeitos innovadores e saudables de facer turismo e mostrar a beleza do territorio, cobra cada ano maior arraigo, estando xa consolidada como unha das carreiras máis multitudinarias do calendario popular de Galicia.

A organización da carreira invita cada ano a participar á élite galega, tanto en categoría masculina como feminina, co fin de promocionar o evento, ainda así, e tratando de apuntalar o proxecto deportivo xestionan a participación de atletas medallistas en mundiais e europeos para mellorar a notoriedade e prestixio da cita no mundo do atletismo.
Pero amais de atletas profesionais, na proba participan persoeiros de diferentes ámbitos económicos, políticos e sociais, como o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda; o exalcalde de Santiago, Agustín Hernández, alcaldes da comarca e rostros populares do mundo da televisión.

Como novidade nesta edición, a organización ten desenvolvida una aplicación app para terminais móbiles, que emitirá en directo a proba e ofrece con carácter previo toda a información da carreira. A tecnoloxía ao servizo desta edición complétase con 2 drone que sobrevoarán, grabarán e farán fotografías aéreas da proba, mostrando o encanto e beleza da ría de Muros Noia.

 

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS

 

A víspera da carreira, o sábado 12 de decembro, a organización celebra a «Feira do corredor» con stands de tendas de material deportivo e sesións técnicas impartidas por profesionais do atletismo. No programa deste ano destaca tamén a homenaxe que se rendirá a Alfonso Ortega Casasnovas, por toda unha vida adicada ao atletismo galego e nacional.
Para facilitar o disfrute da carreira en familia, a organización ten planificada unha oferta con servicio de gardería, entretemento e ocio para os máis pequenos, con hinchables e obradoiros, atendido por un equipo de monitores. Na saída da carreira (10.30h Portosín) amenizarase con música e spiker, no km5 música e km8,5 música para amenizar e animar a deportistas e público asistente. Xa en Porto do Son as rúas estarán amenizadas por gaiteiros.
A organización pretende que o evento sexa seguro e de calidade para as persoas participantes e que sirva de entretemento para visitantes e afeccionados ao atletismo.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar