Trasladar a recuperación económica aos fogares, obxectivo central dos Presupostos de 2016

Os proxectos presupostarios terán como principal obxectivo trasladar a recuperación económica a todos os fogares galegos, e para iso van incluír a rebaixa de impostos máis importante da historia da Autonomía.
A reducción fiscal incidirá principalmente nunha rebaixa do tramo autonómico do IRPF, do Imposto sobre Sucesións e Doazóns e nunha diminución de impostos no ámbito rural.

Os Orzamentos da Xunta para o exercicio 2016 incluirán un importante crecemento dos investimentos públicos, que medrarán no entorno dun 14% respecto ao actual exercicio.

Outra das prioridades será potenciar o investimento produtivo. Galicia foi no último ano a terceira comunidade autónoma que fixo máis esforzo investidor nas súas contas, pero o obxectivo no vindeiro exercicio é impulsar este ámbito e por iso no 2016 os investimentos da Xunta de Galicia van medrar no entorno do 14% respecto a 2015.

As contas do vindeiro exercicio terán como prioridade a creación de emprego. Dende o inicio da lexislatura o paro rexistrado reduciuse en Galicia en 63.000 persoas.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar