Orzamentos 2016: A Xunta creará máis de duas mil prazas de emprego público

image

 

A Xunta de Galicia ofertará en 2016 máis de 2.000 prazas de emprego público, e porá en marcha por primeira vez na historia da autonomía listas de contratación específicas para persoas con discapacidade intelectual, o que situará a Galicia na vangarda das políticas de inclusión da discapacidade no emprego público.
O vindeiro ano haberá un incremento das prazas incluídas nas ofertas de emprego público da Administración galega. Nas vindeiras semanas a Xunta abordará a creación de listas de contratación específicas para persoas con discapacidades intelectuais, e haberá reunións coas entidades representativas do sector para tratar os procedementos de acollida a seguir e as características destes postos de traballo.
Os Orzamentos da Xunta para 2016 inclúen un gasto non financeiro de 8.804 millóns de euros, o que supón un incremento de 365 millóns respecto a este ano. A capacidade de gasto será polo tanto a máis alta da lexislatura.
As contas para 2016 inclúen unha previsión de crecemento do PIB galego do 2,5%, o que permitirá acelerar a recuperación da economía galega. Galicia está en disposición de cumprir a previsión da Xunta para este exercicio, do 2%, o que demostra o rigor das estimacións macroeconómicas do Goberno galego.

Tamén se agarda unha mellora no comportamento do PIB autonómico, un contexto no que a política económica da Xunta está sendo avalada por entidades e organismos externos coma AIREF, Funcas, Fedea, Standard&Poor’s, Afundación ou o BBVA, que dias atrás prognosticaba que o PIB galego medrará en 2016 máis que a media española.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar