Máis medios para a conservación dos seis parques naturais nos Presupostos de 2016

Orzamentos 2016_Fragas do eume 2

Os orzamentos para 2016 recollen unha partida de 3,25 millóns de euros para o mantemento e conservación dos seis parques naturais de Galicia: Fragas do Eurme, Corrubedo, Monte Aloia, Invernadeiro, Baixa Limia-Serra do Xurés, e Serra da Enciña da Lastra) e do Parque Nacional das Illas Atlánticas.

Trátase dunha partida un 30 por cento superior á asignada inicialmente para este mesmo fin nas contas de 2015. En concreto, máis dun millón de euros corresponderá ás Illas Atlánticas, e os outros 2,2 millóns restantes aos outros seis espazos.

Orzamentos 2016_Fragas do Eume

 

Estes setes espazos suman preto de 50.000 hectáreas, o que supón un 1,5 por cento do territorio de Galicia. Esta cifra increméntase se se ten tamén en conta a ampla Rede Galega de Espazos Protexidos, que supera as 400.000 hectáreas, e representa o 13,5 por cento do territorio galego.

A conservación e preservación dos parques ven sendo unha prioridade da Xunta, tanto no equibrio ecolóxico coma no paisaxístico. Además contribúen a dinamización económica das áreas na que están situados.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar