O reequilibrio territorial de Galicia, obxectivo dos Presupostos de 2016

Orzamentos 2016

Galicia investirá no exercicio 2016 nas provincias de Lugo e Ourense case un 50% máis que nas da Coruña e Pontevedra, co obxectivo de seguir impulsando o reequilibrio territorial entre as provincias orientais e as atlánticas, según fontes da Xunta

 O  investimento por habitante na Galicia interior será de 725 e 688 euros, respectivamente. Pola contra, o investimento per cápita na provincia de A Coruña será de 502 euros, e de 460 euros na de Pontevedra.

Ademáis, os Orzamentos da Xunta para 2016 incluirán beneficios fiscais para familias, fogares e empresas por un importe de 364 millóns de euros, o que supón un aumento do 13,3% respecto ao actual exercicio. Os beneficios fiscais son unha estimación do impacto sobre os tributos autonómicos das medidas de política económica e social da Xunta. Do total de beneficios fiscais en 2016, preto do 90% son beneficios de carácter social.

 

APOSTA POLO EMPREGO

 

Os Orzamentos teñen como prioridade a aposta polo emprego e o aumento dos investimentos, ao tempo que reforzan o gasto social e reducen o déficit e a débeda. Ademais, isto coincidirá cunha aceleración da recuperación económica –o PIB galego medrará en 2016 un 2,5%, unha décima máis do estimado-, mentres que a taxa de desemprego seguirá baixando e reducirase case dous puntos.
Os Orzamentos para 2016 elevan un 14% os investimentos, que chegan aos 1.417 millóns de euros, e destinan 100 millóns no apoio á industrialización e a internacionalización, mentres que as partidas para crecemento intelixente aumentan un 8,1%. O Goberno galego eleva un 15% as partidas para políticas activas de emprego, prestando especial atención a colectivos como os emprendedores ou os parados de longa duración.

En canto ao gasto social, a Xunta elévao en 282 millóns dos que preto de 200 irán destinados a sanidade e educación. Galicia destinará en 2016 324 millóns no capítulo de Dependencia, e eleva a 53 millóns a partida da RISGA. E porá en marcha medidas como a achega de 100 euros por neno nado a partir do 1 de xaneiro e o Servizo de axuda no fogar.

 

REDUCCIÓN DO IRPF

No IRPF, aplicarase unha rebaixa de carácter progresivo que vai beneficiar ao 98,5% dos contribuíntes galegos, cun aforro de ata 380 euros ao ano. Esta rebaixa será maior nas rendas baixas e medias, e situará Galicia entre as comunidades coa menor tributación. En canto ao Imposto sobre Sucesións, a Xunta elevará a 400.000 euros o mínimo exento de tributación para que o 99% dos galegos non paguen este imposto cando herden como fillos, pais, avós, netos ou cónxuxes, e o 1% restante pagará menos.
s.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar