A TVG é a canle máis vista en Galicia e a Radio Galega suma novos seguidores

Control de realización da Televisión de Galicia.
Control de realización da Televisión de Galicia.

A TVG é por cuarto sondeo consecutivo a canle máis vista en Galicia. Son os datos do Estudo xeral de medios, das audiencias de outubro a novembro que acabamos de coñecer.

Acada esta casa unha cota de pantalla do 16,7% de luns a domingo. Dous puntos máis se falamos dos días da semana, cando A TVG e lider absoluta, a máis de sete puntos do seu inmediato competidor. Compre salientar as audiencias dos martes e dos venres, con cotas do 22%. E por franxas destaca a da sobremesa, na que TVG acada un 30,5% de cota.

En comparación co resto das autonómicas a TVG é a segunda, só superada por Canal Sur en medio punto.

A Radio Galega é a unica emisora de Galicia que incrementa a súa audiencia, segundo os datos do Estudo Xeral de Medios.

A oferta da Radio Galega suma 16.000 novos seguidores, un 10,5% máis ca na anterior onda do EXM. Acada 169.000 oíntes.

«Galicia por diante» incrementa a audiencia en todos os treitos horarios e consegue un dos seus mellores datos históricos. O informativo «Crónica das Dúas» marca outro dato histórico, ao alcanzar 30.000 oíntes. Igualmente suma audiencia o programa «A Tarde» e consolídase «Galicia en Goles» como referencia da información deportiva. As noites da radio pública seguen contando tamén coa confianza dos oíntes, que teñen de dúas a seis da madrugada un espazo de interacción e participacion que xa é un clásico en Galicia.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar