Porto do Son agarda que tres mil atletas perticipen na «SinSonQm»

Presentación Marathon Porto do Son_1

 

Os campións de España de maratón, María Gestido e Pedro Nimo, participarán este ano na SinSon10Qm, que se celebra o vindeiro 13 de decembro e na que se agarda a participación de máis de 3.000 atletas, segundo se anunciou durante a rolda de prensa de presentación do evento, celebrada esta mañá en Santiago. Asistiron ao acto informativo o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete; o alcalde de Porto do Son, Luis Oujo; o concelleiro de Deportes, Manel Deán; o director da Sin-Son10k, Miguel Mayán; a campiona de España 1.500 metros, Solange Pereira; e o propio Pedro Nimo.
A SinSon é unha carreira popular única polo seu trazado paralelo ao mar, que cumpre este ano a cuarta edición. Trátase dunha proba de modalidade en liña con saída en Portosín e meta en Porto do Son, cun percorrido de 10 Kilómetros que transcorre pegado á Ría de Muros e Noia, co slogan «corremos mirando ao mar», como esencia da grandeza e singularidade paisaxística do trazado.

 

Presentación Marathon Porto do Son_2

A iniciativa, promovida polo Concello de Porto do Son co obxectivo de explorar xeitos innovadores e saudables de facer turismo e mostrar a beleza do territorio, cobra cada ano maior arraigo, estando xa consolidada como unha das carreiras máis multitudinarias do calendario popular de Galicia. Durante a rolda de prensa, o alcalde destacou a súa satisfacción polo arraigo que ten a carreira e “porque agora, dixo, en Porto do do Son todo o mundo fai deporte”.

A organización da carreira invita cada ano a participar á élite galega, tanto en categoría masculina como feminina, co fin de promocionar o evento, ainda así, e tratando de apuntalar o proxecto deportivo xestionan a participación de atletas medallistas en mundiais e europeos para mellorar a notoriedade e prestixio da cita no mundo do atletismo.

Entre os atletas invitados que tomarán parte nesta edición da SinSon10k están María Gestido e Pedro Nimo, campións de España de maratón; Solange Pereira,campiona de España de 1.500; Chema Martínez, atleta olímpico e campión de Europa de 10.000m.l.; e atletas internacionais como Alejandro Fernández, Manuel Hurtado, Robertas Geralavicius, Jesús de la Fuente o Elías Domínguez, entre outros.

Pero ademais de atletas profesionais, na proba participan persoeiros de diferentes ámbitos económicos, políticos e sociais, como o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda; o exalcalde de Santiago, Agustín Hernández, alcaldes da comarca e rostros populares do mundo da televisión.

Asemade, está previsto que máis de 120 persoas colaboren como voluntarias na celebración da SinSon 2015. Como novidade, nesta edición a organización ten desenvolvida una aplicación app para terminais móbiles, que emitirá en directo a proba e ofrece con carácter previo toda a información da carreira. A tecnoloxía ao servizo desta edición complétase con drones que sobrevoarán, grabarán e farán fotografías aéreas da proba, mostrando o encanto e beleza da ría de Muros Noia.

 

OUTRAS ACTIVIDADES

A víspera da carreira, o sábado 12 de decembro, a organización celebra a «Feira do corredor» con stands de tendas de material deportivo e sesións técnicas impartidas por profesionais do atletismo. No programa deste ano destaca tamén a homenaxe que se rendirá a Alfonso Ortega Casasnovas, por toda unha vida adicada ao atletismo galego e nacional.

Para facilitar o disfrute da carreira en familia, a organización ten planificada unha oferta con servicio de gardería, entretemento e ocio para os máis pequenos, con hinchables e obradoiros, atendido por un equipo de monitores. Na saída da carreira (10.30h Portosín) amenizarase con música e spiker, no km5 música e km8,5 música para amenizar e animar a deportistas e público asistente. Xa en Porto do Son as rúas estarán amenizadas por gaiteiros.
A organización pretende que o evento sexa seguro e de calidade para as persoas participantes e que sirva de entretemento para visitantes e afeccionados ao atletismo.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar