Os nenos de nais ameazadas serán considerados víctimas de violencia machista

Parlamento de Galicia_xeral-xeral Pleno

  O Parlamento de Galicia aprobou por unanimidade que a Xunta, entre outras cuestións, garanta que todos os menores de idade sexan considerados vítimas de violencia machista cando as súas nais o sexan, aínda que non se atopen en «situación de desamparo».

Esta é parte da misión á que instou a Cámara autonómica, a raíz dunha moción defendida pola deputada socialista Carmen Gallego, ao Goberno galego e contou co voto favorable do propio vicepresidente da Xunta e responsable das políticas de igualdade, o tamén deputado popular Alfonso Rueda.

O texto aprobado tamén promove que se aprobe un protocolo de coordinación interinstitucional, en colaboración coas demais administracións, que contemple os principios de: garantía do carácter científico de todas as medidas e actuacións a levar a cabo; priorización do interese superior da persoa menor; especialización de todos os profesionais que teñen que intervir nos distintos momentos do proceso de protección de menores maltratados e na prevención e denuncia; garantía de coordinación multisectorial; garantía de coordinación multisectorial; carácter público dos servizos; e carácter obrigatorio das disposicións contidas no protocolo.

O acordo tamén propón «impulsar, en colaboración cos colexios avogacía, a creación da especialización maltrato infantil na quenda de oficio».

Noutro dos puntos, insta a poñer en marcha, en colaboración coas universidades galegas, «liñas de investigación sobre o maltrato infantil» e «promover o debate científico», acordo este ao que se chegou tras negociar os grupos parlamentarios.

Finalmente, os catro grupos parlamentarios reclamaron á Xunta que promova, ante o Goberno do Estado, que tamén neste ámbito se «garanta que todos os menores sexan considerados vítimas de violencia machista cando as súas nais o sexan».

«VONTADE POLÍTICA»

Previamente, a deputada do PPdeG Marta Rodríguez Arias expresara a «vontade política» de alcanzar un acordo nesta cuestión, algo polo que fixeron votos tamén o resto de grupos da oposición para protexer os menores de idade vítimas da violencia.

Durante o debate mencionáronse casos nos que o pai maltratador ten a custodia compartida coa nai e acaban asasinando os fillos.

Ao respecto, a impulsora da moción avisou de que o problema era que, moitas veces, malia ter informe negativo dos servizos sociais, os xuíces non atendían estas recomendacións.

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar