Estudantes ourensáns debaten o cambio climático nun «pleno» da Deputación

Baltar_pleno provincial xuvenil na Deputación Ourense

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu a 40 alumnos e alumnas do IES Taboada Chivite e do CPR Apostólico Mercedario (A Mercé), ambos de Verín, que celebraron un pleno xuvenil no Pazo Provincial co cambio climático como tema principal e destacando a importancia de preservar os espazos medioambientais da provincia de Ourense.

Con esta actividade rematan os actos da 3ª Semana Escolar da Provincia e a súa Deputación, na que participaron máis de 8.000 alumnos de 40 centros educativos de Ourense, e que contaron con actividades didácticas, xornada de portas abertas e percorridos guiados polo Pazo Provincial. Nesta edición, a temática da 3ª Semana Escolar centrouse na divulgación da riqueza cultural que a historia deixou na provincia de Ourense.

O presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, afirmou que o obxectivo destas iniciativas é «afondar no coñecemento da nosa provincia dende unha perspectiva didáctica, tendo á transparencia e a divulgación como eixos da forma de entender o goberno da provincia moderna». Baltar agradeceu aos visitantes, aos centros educativos e ao profesorado «a súa implicación nesta aventura cultural para seguir impulsando o coñecemento da provincia na escola».

AXUDAS POR 164 MIL EUROS PARA INFRAESTRUCTURAS, CULTURA E TRANSPARENCIA

 

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense celebrada  no Pazo Provincial aprobou axudas por valor de 164.868,16 euros para os ámbitos de infraestruturas, cultura e transparencia en favor de concellos e asociacións da provincia de Ourense. Así o informou esta mañá a deputada de Transparencia e Goberno Aberto da Deputación de Ourense, Montserrat Lama, quen deu conta dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ao luns 30 de novembro.

 

En concreto, aprobouse unha axuda por importe de 56.311,38 euros en favor de Cruz Vermella (Delegación de Ourense), para a adquisición dunha ambulancia. Outras das axudas aprobadas foron para a Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense por valor de 1.218 euros e de 18.526 euros para a Federación de Asociacións de Veciños de Ourense Limiar, ambas para gastos de funcionamento das entidades.

 

Entre as axudas concedidas aos concellos aprobouse unha por valor de 12.499,16 euros para o Concello da Merca, para asfaltado do acceso a Zarracós; da pista da Medorra; do centro do pobo de Olas, e do acceso a Rubiás e Rebola. Para o Concello de Larouco aprobouse unha achega de 7.500 euros para a adquisición dun brazo rozadora e ao Concello de Xinzo de Limia, 15.125 euros para o proxecto Xinzo 5G. Por último, aprobouse unha axuda a favor da Mancomunidade Terra de Celanova por importe de 50.000 euros, para gastos de funcionamento, extinción e prevención de incendios correspondentes ao ano 2015.

 

Asemade a Xunta de Goberno aprobou a expropiación forzosa para a execución da obra de mellora da estrada provincial OU-1006 Vilardevós-Vilarello da Cota, n.º 132/PB/2014, en Vilardevós. Por outra banda, aprobouse modificar o acordo da Xunta de Goberno do 6 novembro deste ano, polo que se aprobara a prestación dun servizo educativo de ensinanzas musicais de grao elemental en Xinzo de Limia, no relativo aos horarios nos que se imparten as clases.

 

Outro dos temas aprobados foron as bases reguladoras das convocatorias para a concesión de subvencións tanto para gastos de funcionamento das federacións ou agrupacións veciñais como para gastos de investimento de asociacións veciñais de Ourense correspondentes ao exercicio 2016.

 

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar