60 personas hospitalizadas nos 52 accidentes da fín de semana

 

   Urxencias Sanitarias de Galicia-061 atendeu durante a fin de semana a 69 persoas debido a 52 accidentes de tráfico acontecidos nas estradas da rede viaria galega.

Segundo informou o 061, a Central de Coordinación recibiu entre as 15,00 horas do venres e as 23,59 horas do domingo 61 chamadas en relación cos sinistros de circulación. O venres, con 18 incidentes, foi a xornada que rexistrou máis accidentes.

Os recursos sanitarios mobilizados polo 061 ascenderon a 63. Así, as ambulancias medicalizadas acudiron a cinco sinistros; as asistenciais realizaron 54 saídas, e as convencionais, dúas; mentres que os médicos de Atención Primaria prestaron asistencia en dúas ocasións.

En 60 casos os feridos foron levados aos centros sanitarios correspondentes e en nove ocasións recibiron atención no lugar do incidente sen necesitar traslado.

A proporción de homes atendida ascendeu ao 58 por cento e a de mulleres reduciuse ao 42 por cento. En canto ás idades dos feridos, un 30 por cento dos atendidos tiña entre os 15 e 24 anos.

Pontevedra foi a provincia que rexistrou máis accidentes durante os desprazamentos da fin de semana, con 25; seguida da Coruña, con 20; Ourense, con catro; e Lugo, con tres.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar