Morre o teólogo e escritor Xose Chao Rego

Xosé Chao Rego

   O teólogo e escritor Xosé Chao Rego, natural de Vilalba, faleceu este sábado en Santiago aos 83 anos de idade.

Irmán do xornalista e tamén escritor Ramón Chao e tío do cantante Manu Chao, estudou Filosofía en Salamanca e Madrid e Teoloxía en Roma, foi párroco en Ferrol durante 17 anos e tras secularizarse foi profesor de instituto en Vilalba e Santiago.

Publicou decenas de ensaios e de obras relacionadas con asuntos culturais e sociais, e dende o ano 2002 era socio de honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega.

Tras coñecerse o seu falecemento, A Mesa pola Normalización Lingüística expresou o seu «loito» polo autor galego «máis prolífico» e considerouno un «exemplo de compromiso con Galicia, coa súa lingua e con todas as causas xustas».

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar