Xunta, Poder Xudicial e USC colaboran nun programa experimental de mediación penal

O vicepresidente, Alfonso Rueda, asinar‡ un convenio de colaboraci—n co Consello Xeral do Poder Xudicial, Ministerio Fiscal e Universidade de Santiago para a posta en marcha dun programa experimental de Mediaci—n no ‡mbito penal en Santiago de Compostela.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, asinou hoxe un convenio de colaboración co Consello Xeral do Poder O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, asinou hoxe un convenio de colaboración co Consello Xeral do Poder Xudicial, o Ministerio Fiscal e a USC, para poñer en marcha un programa experimental de mediación no ámbito penal en Santiago de Compostela.

Ademais de Alfonso Rueda, asinaron este convenio o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Miguel Ángel Cadenas; o Fiscal Superior de Galicia, Fernando Suanzes; e o reitor da Universidade de Santiago de Compostela , Juan Viaño. Tamén estivo presente a directora do Centro Integral de Análise e Resolución de Conflitos, Raquel Castillejo.

O vicepresidente da Xunta lembrou que hai xa seis anos que se puxo en marcha en Santiago un servizo de mediación intraxudicial no ámbito familiar e que a día de hoxe se ten estendido a seis cidades galegas, contando coa colaboración de xuíces, fiscais, avogados, psicólogos e universidades.

Grazas a esa colaboración, explicou, Galicia está entre as Comunidades Autónomas que máis asuntos leva a través da mediación intraxudicial e duplica a media estatal de acordos logrados a través deste sistema.
A mediación intraxudicial ten numerosas vantaxes. Por exemplo, contribúe a desconxestionar os xulgados, resulta máis áxil e económica, reduce o impacto psicolóxico e é mellor interiorizada e aceptada polas partes, xa que participan directamente na resolución do conflito.

Os bos resultados acadados con este sistema no ámbito familiar animaron a todas as partes implicadas á estendelo a outros ámbitos; e hai dous anos asinouse un convenio marco coa USC para impulsar as actividades do seu Centro Integral de Análise e Resolución de Conflitos, o chamado CIARCUS.

O marco dese convenio e da aposta pola mediación, a Xunta de Galicia da “un paso adiante” e hoxe pon en marcha este programa experimental de mediación penal, que se implantará nos xulgados de instrución e do penal de Santiago, en colaboración co CXPX, o Ministerio Fiscal e a Universidade compostelá.

A este respecto, Rueda mostrouse convencido de que a mediación tamén pode ser moi útil no ámbito penal, complementando á xustiza tradicional e sumando novas vantaxes. Así, neste tipo de mediación da un maior protagonismo á vítima e asegura a súa efectiva protección mediante a reparación ou diminución do dano causado. Do mesmo xeito, responsabiliza ao infractor do seu delito, diminuíndo a severidade da resposta penal e facilitando medios para normalizar a súa vida.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar