Dous detidos por secuestrar a un deudor de droga en Vigo

Axentes do Corpo Nacional de Policía detiveron na cidade de Vigo dúas persoas como presuntas autoras do secuestro doutro individuo, ao que supostamente retiveron durante días ata poder cobrar unha débeda por drogas.

Tras días de investigación, a pasada noite o grupo de Seguridade Cidadá da Comisaría de Vigo desenvolveu a operación policial que permitiu deter os dous presuntos secuestradores.

As mesmas fontes indicaron que estas persoas retiveran o outro individuo nunha vivenda do barrio vigués do Calvario e esperaban a que a vítima cobrase unha paga ou pensión para saldar a débeda, vinculada supostamente a un tema de drogas.

Os presuntos secuestradores, de etnia xitana, foron detidos e trasladados a comisaría, e as dilixencias foron postas a disposición xudicial.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar