«Tapas con estrela» reune ao presente e ao futuro da gastronomía galega

 

O Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG) celebrou o concurso “Tapas con estrela”, organizado por Turismo de Galicia no marco da programación especial celebrada arredor da Gala Michelin que terá lugar o próximo mércores 25 de novembro no Hostal dos Reis Católicos de Santiago de Compostela.

O concurso reuniu ao presente e ao futuro da gastronomía galega contando coa participación dalgúns dos mellores cociñeiros da nosa comunidade e as principais escolas de hostalería de toda Galicia.

O xurado estivo formado polos cociñeiros galegos Estrella Michelin Julio Sotomayor, Fernando Agrasar e Manuel García dos restaurantes Nova, As Garzas e Retiro da Costiña respectivamente e o profesor do CSHG Roberto Walther.

13,00 h.- A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, xunto cos cociñeiros galegos con Estrella Michelin, participará na final do concurso “Tapas con Estrela”. No restaurante á carta do Centro Superior de Hostalería de Galicia (estrada Santiago-Noia Km. 1. A Barcia) foto xoán crespo 23/11/15
13,00 h.- A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, xunto cos cociñeiros galegos con Estrella Michelin, participará na final do concurso “Tapas con Estrela”. No restaurante á carta do Centro Superior de Hostalería de Galicia (estrada Santiago-Noia Km. 1. A Barcia)
foto xoán crespo
23/11/15

Ademais, o acto contou tamén coa presenza da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e doutros cociñeiros Estrella Michelin e do Grupo Nove como Alberto Villasante do restaurante Paprika, Roberto Balado do O Balado ou Iñaki Bretal de O Eirado da Leña.

Durante a celebración, a directora de Turismo de Galicia destacou que a gastronomía constitúe unha das principais fortalezas de Galicia sendo a segunda motivación pola que os turistas elixen a nosa comunidade como destino.

Nava Castro afirmou a presentación da guía Estrella Michelin converterá a meta do Camiño de Santiago no epicentro da restauración de alto nivel.

“O evento converterase nun escenario inmellorable para a promoción dos produtos gastronómicos e os cociñeiros da Comunidade autónoma”, afirmou a responsable de Turismo da Xunta.

Fallo do xurado

Cada equipo das escolas de formación profesional de hostalería de Galicia, formados por dous alumnos e un profesor, elaboraron unha tapa elaborada con produtos de Denominación de Orixe e Indicación Xeográfica Protexida de Galicia.

Os participantes contaron cunha hora para a elaboración da súa proposta gastronómica que, unha vez finalizada, tiveron que defender diante do prestixioso xurado.

O primeiro premio foi para o IES ESENGRA e os seus alumnos Alberto Bermúdez e Jesús Páez quen presentaron a tapa “Bágoa de mar”. O segundo premiou o acadou a tapa “Mexillóns marinados, bombón de salmorejo e aire andaluz” de Oscar Duran e Andrea Viqueiro, alumnos do IES de Foz, e o terceiro para o os alumnos do CIFP Carlos Oroza Noelia López e Xabier Pereira que presentaron a tapa “Bocadillo de mexillón en escabeche e lapa aliñada con verduras da horta e brotes tensos”.

Como premio, os gañadores desenvolverán as súas prácticas de verán nun restaurante galego con Estrella Michelin.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar