Detenidos tres marroquís por tráfico de hachíx en Vilaboa

 TRaáfico drogas en Vilaboa_Pontevedra_dous marroquinos_hachís

 A Garda Civil detivo tres cidadáns marroquís por tráfico de drogas aos que interviñeron 56 landras de hachix nun vehículo en Vilaboa.

   Segundo informou o Instituto Armado, foron arrestados A.E., de 47 anos e veciño de Soutomaior; A.L., de 40 anos con domicilio en Poio, e H.K., de 31 e veciño de Vilaboa, os tres de nacionalidade marroquí, como presuntos autores dun delito contra a saúde pública por tráfico de drogas.

Na tarde noite do pasado venres día 20, cando a Garda Civil realizaba un dispositivo operativo de carácter preventivo no quilómetro 132,5 da estrada N-550 (A Coruña-Tui), dirección A Coruña, sito no lugar de Paredes en Vilaboa, procedeuse ao control do vehículo Mercedes 250D.

No interior do vehículo viaxaban tres varóns «con certo nerviosismo inusual», segundo sinalan as mesmas fontes, polo que se procedeu polos axentes á súa identificación e á comprobación dos efectos que portaban. Incautáronlles 1.295 euros.

ESCONDIDOS NA RODA

A continuación realizóuselle un rexistro ao vehículo, co auxilio do Servizo Cinolóxico. O can detector de estupefacientes marcou a aleta dianteira dereita, concretamente no pase de roda, a ocultación de droga.

Verificada esta zona observouse un oco onde se achaba un calcetín que contiña no seu interior 56 landras plastificadas de hachix, que botaron un peso total de 586 gramos.

Por todo iso se procede á súa detención e incautación da droga, vehículo e diñeiro, sendo trasladados ás dependencias da Comandancia de Pontevedra para a instrución das correspondentes dilixencias.

Os detidos, que carecen de antecedentes policiais, foron postos a disposición do Xulgado de Instrución número 2 de Cangas do Morrazo, tras o que quedaron en liberdade con cargos.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar