A Deputación de Ourense, presente en foros de innovación de Madrid e Barcelona

Rosendo Fernández_Foro de BarcelonaA Deputación de Ourense está hoxe e mañá presente en dous importantes encontros de innovación para os gobernos locais intermedios: o «I Foro de Innovación dos Gobernos Locais», que se celebra hoxe e mañá en Madrid e ao que asisten o presidente da Deputación, Manuel Baltar, e o vicesecretario xeral da institución, Juan Marquina, e a reunión da Comisión Permanente da Fundación Democracia e Goberno Local, que ten lugar hoxe en Barcelona, coa presenza do vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández.Manuel Baltar presentará mañá, ás 12.30 horas, no Instituto Nacional de Administración Pública, o seu modelo de xestión para a provincia de Ourense, baseado nos plans de estratexia operativa Ourense 92 e Plan 15-19 que o goberno provincial desenvolve no ámbito da innovación e da xestión pública.

A estrataxia de posicionamento da «marca Ourense»; á promoción das singularidades da provincia; un modelo de xestión pública baseado en iniciativas innovadoras e participativas, que facilitan a relación administración-cidadán; a cooperación público-privada, e a transparencia como liña institucional básica, son os eixes da intervención que mañá realizará Manuel Baltar neste foro.

RELATORIO SOBRE «PROVINCIA INTELIXENTE»

 

Na sesión de hoxe do Foro Juan Marquina expuxo un relatorio sobre «Provincia Intelixente», referido á relación directa entre os cidadáns e a Administración Provincial. Trátase dun dos aspectos principais do «Plan Ourense 15-19», que recolle 77 accións a executar en 48 meses para facer da provincia un referente nacional e internacional.

Marquina explicou que o concepto de «Provincia Intelixente» se refire a «dialogar e xerar interfaces válidas e dinámicas entre o público e o privado e un equilibrio entre a política e a tecnoloxía», e engadiu que dende Ourense «cremos que o concepto de SmartCity non debe estar ligado só á grandes cidades ou grandes infraestruturas. Por iso, se deseña o concepto de «Provincia Intelixente» como a suma de 92 pequenos proxectos Smart».

O Foro está dirixido a responsables políticos e técnicos das áreas de innovación, tecnoloxía, e-Administración e asistencia a municipios e gobernos locais. O obxectivo é fomentar a transferencia de coñecemento, e o debate e a colaboración entre os responsables políticos e técnicos implicados nos procesos de innovación dos gobernos locais intermedios.

Pola súa banda, o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, asiste esta tarde ás reunións convocadas pola Fundación Democracia e Goberno Local, na sede da entidade en Barcelona, xuntanza na que se analizan entre outros temas a colaboración con Partenalia, a rede europea de gobernos locais intermedios.

Na reunión tamén se analizan tamén asuntos referidos ao orzamento da Fundación e o programa de actividades para 2016, e se dará conta do convenio de colaboración da entidade con Partenalia. Asemade, subscribirase a «Declaración de Castellón para o Bo Goberno», asinada por todos os membros que integran da Fundación Democracia e Goberno local, entidade sen ánimo de lucro constituída en 2002 e que ten como finalidade contribuír e dar soporte a actuacións e iniciativas para o coñecemento, o estudo, a difusión e o asesoramento en materia de réxime local.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar