Albano, esta noite, no «Luar» da TVG

AlbanoAo programa desta noite acode como artista convidado o cantante italiano Albano, que interpreta o que está considerado como o segundo himno do país transalpino, “Azzurro”, e canta a dúo con Tania Fuegho un dos maiores éxitos da súa carreira, “Felicitá”.

Ademais, “Luar” conta coa presenza no escenario da cantante Uxía Senlle, una das voces máis populares e valoradas da música galega, que establece un diálogo musical co intérprete portugués de fados António Zambujo e co gaiteiro galego Budiño. A orquestra Principal, a Banda de Gaitas e Pandeireteiras de Calo e a Agrupación Folclórica Trébede completan o cartel de actuacións deste venres.

No tempo dos concurso habituais do programa, Manuel Santín e Iago Bouzada son hoxe os concursantes do “Vai de Gaita” infantil, mentres que en “Recantos” enfróntanse nesta ocasión Nelly, representante da comarca Galicia Centro; e Vanesa, procedente da Mariña luguesa.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar