Entra a roubar nunha casa de Ourense mentres a familia comía

 

   Axentes da Policía Nacional detiveron un home de 46 anos de idade tras entrar a roubar nunha vivenda en Ourense cando a familia residente comía na parte de abaixo.

Segundo informou a Comisaría de Ourense, a Policía Nacional detivo un home como presunto autor dun roubo con forza nun chalé situado na estrada de Santa Mariña.

Sobre as 15,30 horas do pasado día 14, segundo o relato do denunciante, mentres se atopaba comendo coa súa familia na planta baixa da súa casa, escoitaron ruídos procedentes de pasos na parte de arriba. Tras confirmar a presenza de alguén estraño, chamaron á Policía.

O individuo deuse á fuga e os axentes da Brigada Provincial de Seguridade Cidadá interceptárono na estrada de Santa Mariña, onde foi detido e trasladado a dependencias policiais.

O detido, un home de 46 anos natural de Ourense e con 36 arrestos anteriores, quedou en liberdade tras pasar a disposición xudicial ás 10,30 horas do 15 de novembro.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar