Buscan a dous delincuentes armados que atracaron un supermercado en Sanxenxo

 

A Guardia Civil busca dous individuos que este luns atracaron armados con senllas pistolas un supermercado no municipio de Sanxenxo, tras o que fuxiron en moto.

O atraco tivo lugar sobre as 9,25 horas cando dous individuos con vestimenta de moteros e co casco posto acudiron ao Supermercado Día de Sanxenxo con senllas pistolas.

As mesmas fontes sinalaron que, polo momento, se descoñece se as armas eran de lume real ou de fogueo. Os atracadores intimidaron a caixeira e levaron o diñeiro da caixa.

Os dous atracadores fuxiron nunha motocicleta que busca a Guardia Civil para localizar os dous individuos que cometeron os feitos.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar