Malestar en Teo pola reducción da anchura dun vial recén asfaltado

Vial de Cobas_Teo estreitados polo asfaltado_2

O malestar da veciñanza de Cobas (Cacheiras) é patente. O lider do PP de Teo, José Manuel Guerra,  recibiu varias chamadas esta última semana polas deficiencias que presenta o novo asfaltado, que estreita considerablemente o espazo de tránsito peonil e, conseguintemente, a seguridade dos veciños.
O vial que discorre por Cobas e que une o lugar de Penelas coa rotonda dos Tilos «ten en pé de guerra» á veciñanza da zona según o PP que engade que  «cada vez que se leva a cabo unha nova obra de asfaltado o normal é que as condicións ou ben melloren ou, cando menos, se manteñan. Pois ben, neste caso, nin unha cousa nin a outra: redúcese a anchura da vía. «
Hai escasas semanas o alcalde de Teo, Rafael Sisto, recoñecía públicamente que él non é un alcalde para «amañar fochas e farolas» senón que é un gobernante de «grandes proxectos». «Ben se nota», lle contesta Guerra, para quen «coas sendas monopeatón que fixo en Calo -en clara alusión ás estreitas sendas de Texexe- e agora con esta execución en Covas apréciase claramente que lle preocupa máis ben pouco unha das principais competencias municipais logo de ter sido concelleiro de urbanismo«.
Vial de Cobas_Teo estreitados polo asfaltado_3
O do estreitamento das vías empeza a ser unha constante cada vez que se realiza unha nova execución: «xa vimos que coa execución das sendas se reducía anchura das vías inexplicablemente, pero é que nesta ocasión ata onde coñece o PP non hai proxectada senda ou beirarrúa en Covas», manifesta Guerra. Por tal motivo, parécelle inconcebible que se lle reste superficie de asfaltado.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar