Raphael, esta noite, no «Luar» da TVG

Raphael_2015

O programa “Luar” (22.10 h.) chega este venres coa presenza como convidado estrela de Raphael, pioneiro absoluto da música moderna en España, que durante os seus máis de 50 anos de carreira artística, levou a súa arte a todos os recunchos do planeta.

Raphael ten protagonismo na  actualidade pola súa participación na película “Mi gran noche” e pola súa xira “Sinphónico”, un proxecto pensado para levar ao público o seu espectáculo acompañado por unha grande orquestra sinfónica, o artista deleitará o público e os espectadores con algúns dos seus grandes éxitos que traspasaron fronteiras e xeracións.

Luar

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar