«Celebra», en Expourense

Celebra 2017_Expourense_Rosendo Fernández inaugura

Fuxir do estereotipos, buscar a diferenciación e organizar eventos completamente personalizados. Este é o principal obxectivo das empresas ou familias que están a organizar eventos e todo iso é o que ofrecen dende hoxe e ata mañá domingo ás 21.00 horas as 65 empresas expositoras de Celebra, o Salón de Vodas, Bautizos, Comuñóns e Actos Sociais que ten lugar en Expourense. Esta cita conta co 80% dos expositores procedentes da provincia de Ourense, co que se converteu no mellor escaparate para promocionar a calidade, o deseño e a variedade do comercio local, onde se poden atopar dende empresas que se encargan absolutamente de todo (os chamados “wedding planner”), ata outras especializadas na organización de cada detalle por separado (vestido, banquete, fotografías, alianzas e xoias, arranxos florais, invitacións, repostería creativa, maquillaxe e perruquería, recordos, viaxes, coches, animación musical, actividades para nenos e nenas, etc….).
Celebra 2015 abriu as súas portas esta mañá cun acto inaugural que estivo presidido polo vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, acompañado por outras autoridades e representantes do sector do Comercio. O vicepresidente destacou que cita coma esta “fan máis Ourense, xa que Celebra se converteu nunha plataforma que proxecta a calidade e bo facer do comer ourensán”.

E é que dando un paseo por Celebra 2015 pódese apreciar o optimismo e a positividade que irradian uns stands decorados con moito mimo e detalle para chamar a atención do visitante. O sector da organización de eventos é moi competitivo pero os expositores recoñecen que se está a vivir un bo momento. Logo de varios anos de baixada, o número de vodas (por citar o evento que máis organización require), subiu en Galicia por primeira vez un 2,6% de 2013 a 2014, pasando a celebrarse durante o ano pasado un total de 8.799 enlaces na nosa comunidade. Ademais, segundo indicaa Federación de Consumidores Independentes (FUCI), o investimento medio neste tipo de eventos en Galicia medrou nos dous últimos anos un 35%. Así o custe medio dunha voda (de media de 100 convidados) pasou de ser de 12.600 euros en 2013 a 16.320 en 2014.

Celebra 2017_Expourense_Rosendo Fernández inaugura_2

 

Botando un ollo entre os stands de Celebra 2015 pódese concluír que nos eventos do vindeiro ano non faltarán as mesas doces decoradas con moito mimo e con todo tipo de bombóns e golosinas, os “photocall” e fotomatóns para levar un recordo ao instante, os aperitivos ou a “sobrecea” servidos dun xeito informal nos denominados “food truck” tan de moda en países como Estados Unidos e que pouco a pouco se poden ir atopando en España, Noivas vestidas con deseño, patronaxe e tecidos “made in Ourense” ou noivos vestidos por empresas que ofrecen dende o último en deseño italián ata traxes en “pack” pechado no que se inclúe todo o necesario (traxe, zapatos, camisa, garavata,…) por un prezo fixo de 290 euros.

Isto é un resumo do que ofrecen os expositores de Celebra pero non se pdoe esquecer que o punto forte do salón serán as pasarelas de moda na que colaboran unha quincena de empresas. A de hoxe terá lugar ás 19.00 h. e mañá haberá dous novos pases, un ás 17.00 e outros ás 17.00 e ás 19.30 h. As pasarelas contarán coa participación das seguintes empresas: Al detalle eventos (decoración); Alvarino (vestidos noivo e festa), Drácena (arranxos florais), isaura & amanda (moda nupcial, festa e infantil); Loyma (xoiaría); Noar Novias (traxes noiva e festa); Nico y Nicoletta (moda infantil); Paris Diffusion (perruquería e estética); Passion Novias (moda noiva e festa); Quique Martínez (estilismo); Rosa Clará (Moda noiva e infantil); Sommera (moda festa) e Totallity Group (montaxe son e iluminación). Esta actividade estará coordinada pola Axencia Luena. Todas estas firmas aseguran a organización dun evento 100% ourensán, xa que ademais todas elas contan con coleccións de fabricación e deseño propio.

Celebra esta a ser ademais un espazo para visitar en familia xa que contará cun área de actividades dedicada aos máis pequenos e que inclúe inchables, obradoiros de pompóns de seda, globoflexia, etc.

De xeito paralelo a Celebra, está ater lugar en Expourense tamén a II Feira de Antigüidades de Ourense onde 44 expositores de toda España, Portugal e Francia ofrecen máis de 40.000 pezas para coleccionistas e nostálxicos.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar