Segue a investigación sobre o bebé maltratado en Lugo

   O xuíz de reforzo do Xulgado de Instrución Número 1 de Lugo leva «coa máxima dilixencia» as investigacións sobre o bebé con lesións nas costas e está á espera de informes solicitados.

Segundo informaron a Europa Press fontes xudiciais, a apertura das dilixencias produciuse despois de que se detectasen lesións nas costas cando a nai acudiu ao servizo de urxencias co bebé, tras un encontro co pai.

Ata a data, tomóuselle declaración aos proxenitores do bebé, que están separados. En concreto, o pai presentou «probas» de que el non foi o causante das lesións no último encontro que tivo coa nena.

Ademais, o martes tomouse declaración a testemuñas e agora o xulgado está á espera dos informes solicitados en relación á investigación.

ORDE DE PROTECCIÓN

Mentres proseguen as pescudas, o xulgado ditou orde de protección temporal con respecto a ambos os dous proxenitores. En concreto, suspendéuselle custodia á nai e o réxime de visitas ao pai.

Por iso, a Xunta de Galicia asumiu a tutela do bebé. O xulgado aclarou que con respecto ás avoas, coas que residen os proxenitores, non a decretado ningunha medida.

 

 

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar