Detido un veciño de Sarria por estafas en Internet por 31 mil euros

Un veciño do municipio lucense de Sarria de 36 anos de idade foi detido tras estafar uns 31.000 euros en compravendas de vehículos a través de Internet.

Diso informou a Policía Nacional nun comunicado, no que indicou que habería un total de nove vítimas noutras tantas provincias españolas.

Segundo o relato das forzas da orde, o agora detido solicitaba aos compradores un adianto en concepto de reserva de entre 500 e 2.000 euros e remitíalles un contrato falso para «dar credibilidade á transacción».

O caso, que pode constituír un delito de estafa continuada, atópase agora en mans do xulgado de instrución número dous de Lugo.

Por outra banda, a Garda Civil detivo un veciño de Vedra (A Coruña) de 47 anos como suposto autor dun roubo con forza nun local de ensaio, onde rompería unha ventá para levar instrumentos musicais valorados en 2.800 euros. Do caso encárgase o xulgado de instrución número dous de Santiago.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar