Imputados catro conductores por alcohol, drogas e non ter carné

   A Policía de Vigo imputou a pasada fin de semana a un total de catro condutores como presuntos autores de delitos contra a seguridade vial, a un deles por conducir sen carné, a outro por circular baixo os efectos das drogas e coa ITV e o seguro caducados e a outros dous por ir a volante consumindo bebidas alcohólicas.

Segundo informou a Policía Local, a primeira imputación tivo lugar ás 2,00 horas deste domingo na avenida de Castrelos, onde foi interceptado o condutor dun turismo, un varón de 23 anos con iniciais D.R.A., que deu positivo na proba de alcoholemia.

Así mesmo, ás 8,00 horas deste domingo unha patrulla realizou na rúa Gran Vía unha proba de alcoholemia a un condutor de 30 anos con iniciais N.L.G.M., quen tamén superou o límite penal establecido, polo que foi imputado por un delito contra a seguridade vial.

Posteriormente, ás 13,55 horas do domingo, por requirimento do Corpo Nacional de Policía, unha patrulla da Policía Local comprobou que o condutor dunha motocicleta carecía de carné de conducir, polo que se procedeu a inmobilizar o vehículo e a imputar o motociclista, J.L.A.G., de 38 anos.

Por outro lado, sobre as 10,30 horas do domingo, unha patrulla descubriu a través dos sistemas informáticos que un turismo circulaba pola estrada a pesar de ter o seguro obrigatorio e a ITV caducados.

Os axentes entrevistáronse co condutor, R.L.M., de 24 anos, que parecía atoparse baixo a influencia dalgunha substancia, polo que se lle realizou unha proba de substancias estupefacientes que botou resultado positivo en T.H.C., ‘cannabis’, anfetaminas e benzodiacepinas, motivo polo que se lle imputou un delito contra a seguridade vial.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar