Os populares de Teo, contra a suba do IBI

Guerra_recorte

O grupo popular considera inaceptable que o goberno bipartito lle faga pagar agora á veciñanza “a súa irresponsabilidade en anos de crise. Por tal motivo, está a estudar as posibilidades de impugnar o acordo plenario ao que se chegou no pleno”. José Manuel Guerra desexa que se revogue esta decisión e manifesta que os populares empregarán todos os medios que estean na súa man como grupo principal da oposición.
Na devantida sesión, o grupo popular lembrou que a maior parte dos concellos da comarca teñen un tipo de gravamen que oscila entre 0,44% e 0,47%. O veciño concello de Ames ten estipulado o tipo de gravamen nun 0,44%, cifra que tamén comparten Boqueixón, Val do Dubra ou Vedra. Oroso, Brión e Trazo correspóndelles un 0,45% , 0,46% e 0,47% respectivamente. Despuntan á alza e á baixa Santiago (cun 0,54%) e O Pino (cun 0,40%). É dicir, coa nova taxa do 0,55%, Teo supera á capital.
Guerra considera que o equipo de goberno onte non deu as explicacións obxectivas e oportunas que xustifiquen a medida cunha memoria económica sólida “e mesmo semella que a decisión foi tomada de xeito improvisado”. “Algo tan importante que afecta dun xeito tan directo nas economías familiares”, recalca. O lider popular considera, ademáis, que o goberno non está a ser transparente na explicación de esta suba xa que non lle están a contar aos veciños canto poderían aforrar se o tipo de gravamen o ano vindeiro fora do 0,44% en lugar do 0,55%.
Guerra argumenta que a Alcaldía vai sempre en “dirección oposta” aos demáis en cuestións económicas; cando a todos os concellos lles correspondía “axustar o cinto” durante a crise ao inicio da pasada lexislatura, o grupo popular dixo “non ao despilfarro” que levou ao goberno local a aumentar a débeda nun 76%. Agora que hai concellos que incluso se plantexan unha baixada do tipo de gravámen, o goberno local ten que subilos “afixiado pola súa propia política económica. O peor de todo é que o temos que pagar os veciños”, sentencia Guerra.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar