Shaila Dúrcal será cabeza de cartel do «Luar» da TVG hoxe

Gayoso_Sonia Noguerol_Luar
Xosé Manuel Gayoso e Sonia Noguerol.

Esta noite os espectadores da Televisión de Galicia non poderán despegarse da pantalla. O “Luar” (22.05 h.) desta noite trae unha proposta de música e diversión que fará gozar a todos os seus seguidores. Xosé Ramón Gayoso e Sonia Noguerol recibirán no escenario a Shaila Dúrcal, a cantante filla do grande fito da música española e internacional Rocío Dúrcal. Actualmente Shaila está a promover un novo álbum de nome homónimo, en ton de “rancheira-pop”, e trae ao “Luar” dous temas: “No me interesa”, con máis dun milleiro de reproducións en YouTube e “Un café y me voy”.

O cantante e compositor andaluz Pablo López súmaselle a Shaila no escenario do “Luar”. Este rapaz e o seu piano conseguiron acadar grande éxito a nivel internacional e agora vén á Televisión de Galicia para presentar o tema “Tu enemigo”, un tema o cal sacou ao mercado en colaboración co cantante colombiano Juanes e tendo moita repercusión nas redes sociais. Os ritmos latinos e de baile virán da man da famosa orquestra Combo Dominicano.

 

CONCURSOS MUSICAIS

 

Pero na gala desta noite non faltarán os habituais concursos musicais. En “Vai de Gaita” competirán a ourensá Aroa e a súa “Muiñeira de Vilamarín” co redondelán Serxio, que interpretará “A miña Rosiña”. Tamén se desenvolverá “Recantos”, onde Sandra Campos, representante do Deza, interpretará “Eu vendo uns ollos negros” e Xián, de Arousa, interpretará “Aquela pomba”.

No espazo de música tradicional galega estarán a Agrupación Folclórica “Candaira de Castelo do Val” con “Muiñeira de Xota de Celavente”. A oferta completarase cos sketchs de humor.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar