Fina Casalderrey, Miguel Anxo Prado e Ignacio Vilar, Premios da Cultura 2015

 

   A escritora Fina Casalderrey, o debuxante Miguelanxo Prado e o cineasta Ignacio Vilar atópanse entre os oito galardoados das diferentes modalidades dos Premios da Cultura Galega deste ano 2015, certame que ten o obxectivo de recoñecer e poñer en valor a traxectoria de persoas e entidades destacadas nos distintos ámbitos culturais do país.

O xurado dos galardóns, presidido polo conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, reuniuse este martes na Cidade da Cultura para determinar os elixidos entre máis de 40 candidaturas.

Así, na modalidade de Letras, a premiada foi a escritora Fina Casalderrey, tras unha vida vinculada a ao literatura infantil e xuvenil con máis de 50 títulos e numerosos galardóns, como o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil de 1996, o Álvaro Cunqueiro de 1999 ou o Premio Merlín 1991, entre outros.

En Artes Plásticas, o galardoado será Miguelanxo Prado, o autor «máis importante da historia» no cómic galego, Premio Nacional de Cómic e colaborador no sector audiovisual, chegando a traballar xunto con Dreamworks ou o guionista Neil Gaiman.

A elixida en materia de Artes Escénicas será María Bouzas, e unha traxectoria que a levou a través do teatro, a televisión e o mundo do cinema.

Na modalidade de música, o premiado será o Coro Toxos e Froles, en activo dende a súa primeira actuación en 1915 e creador de diversos premios literarios.

O cineasta Ignacio Vilar será quen recibirá o premio na categoría de Audiovisual, con obras como Pradolongo, A Esmorga ou Un Bosque de Música ás súas costas e nominacións aos Mestre Mateo e mesmo aos Premios Goya 2015.

Pola súa banda, premiarase a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (Lingua), á Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial (Patrimonio Cultural) e á investigadora Kathleen Nora March (Promoción exterior).

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar