A Xunta pide o debate de política xeral para octubro

image

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, solicitou ao Parlamento galego, en nome do Goberno autonómico, que a celebración do debate de política xeral teña lugar nunha sesión plenaria do próximo mes de outubro.

Esta petición para realizar o debate do estado da autonomía foi rexistrada na Cámara galega e o propio vicepresidente comunicoulla persoalmente á presidenta do Parlamento, Pilar Rojo.

A sesión, como é habitual, terá como punto único na orde do día, a comparecencia do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, para informar e debater acerca da situación política da Comunidade galega.

A Xunta cumpre así co establecido na Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, onde o artigo 48 establece que o Goberno galego solicitará anualmente ao Parlamento a celebración dun debate de política xeral ao comezo dun dos períodos ordinarios de sesións.

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar