Conde salienta a necesidade de tecnoloxía e innovación

O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, visitou hoxe as instalacións de Cristal Pontevedresa no polígono da Reigosa, onde salientou a aposta pola innovación e a diversificación como clave para facer da empresa unha compañía competitiva capaz de achegar un produto de calidade no menor tempo posible. Características que, segundo explicou, sitúan á empresa nunha posición inmellorable para converterse nun referente internacional do sector contract.

Conde, Cristalerias Pontevedresas“Coa innovación e a diversificación, Cristalería Pontevedresa está a saber diferenciarse no mercado a través do prezo, da calidade, da flexibilidade e da rapidez”, sinalou Conde, quen apuntou que, deste xeito, a compañía xa ocupa un lugar destacado no sector contract galego. ““Cristal Pontevedra está implicada no sector contract, sabendo competir nun mercado moi exixente grazas á tecnoloxía, a innovación e ao seu capital humano”, incidiu.

Neste sentido, a empresa ten participado nas accións do canal contract que está a promover o Goberno galego, asistindo ás xornadas celebradas en Londres e Barcelona, e tomará parte tamén na próxima Semana Internacional do Contract, que terá lugar en Santiago a finais de mes.

O titular de Economía e Industria valorou a capacidade da empresa para innovar de modo constante na fabricación de vidro. “Cristalería Pontevedresa é unha empresa familiar galega consolidada no sector industrial do vidro, que leva décadas demostrando que sabe adaptarse ás necesidade do mercado”, salientou. Un compromiso innovador que se reflicte no feito de que, das dúas plantas produtivos da compañía no polígono da Reigosa, unha está destinada exclusivamente a actividades de I+D+i.

Esta aposta, para a que ten contado co apoio da Xunta a través dos programas para a instalación de equipos produtivos do Igape, materializouse recentemente nun novo investimento para a instalación dun forno para a produción de vidro curvado. Unha das máquinas máis avanzadas tecnoloxicamente do mercado, que fai de Cristal Pontevedresa a segunda compañía con esta infraestrutura en toda España.

Deste xeito, proseguiu o conselleiro, a empresa segue demostrando a súa constante evolución, o que lle permite subministrar produtos a diferentes sectores e con distintas aplicacións: na automoción, achegando vidro templado adaptado ao deseño proposto polo cliente; no naval, con aplicacións interiores e exteriores.; ou no mobiliario urbano, desenvolvendo proxectos a medida.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar