Segunda xornada da selectividade, con preguntas sobre Jenofonte, Platón ou Umberto Eco

Selectividade probas de acceso á Universidade

Continúan este xoves en Galicia as probas de acceso á universidade da convocatoria de setembro, con diversas preguntas relacionadas co Jenofonte, con Platón ou exercicios sobre un fragmento dunha obra de Umberto Eco.

A mañá arranca cos exames de Matemáticas II, Grego II e Técnicas de Expresión Gráfico-Plástica. No primeiro caso, os alumnos atopáronse con diversos exercicios prácticos con matrices, ecuacións e derivadas de funcións ou logaritmos, entre outros.

Grego II, pola súa banda, propoñía preguntas de tradución e análise sintáctica ou morfolóxica sobre un texto de Genofonte e outro de Platón, ademais dos temas fundamentais da poesía de Safo e o mito de Edipo.

Finalmente, en Técnicas de Expresión Lexicográfica, incluíase un breve fragmento de ‘El péndulo de Foucault’, de Umberto Eco, como base para a realización dunha ilustración. A opción B propoñía un debuxo sobre a importancia de falar idiomas nunha sociedade globalizada.

O resto da xornada contará coas probas de Ciencias da terra e ambientais, Literatura Universal e Deseño (11.15 horas); Química, Latín II e Debuxo Artístico II (13.30 horas); Bioloxía e Historia da Arte (16.30 horas); e Electrotecnia, Matemáticas aplicadas ás Ciencias Sociais, e Artes Escénicas (18.45 horas).

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar