A TVG estrea hoxe «Área Pública», programa diario de análise da actualidade

 TVG_Susana López Carbia_Área Pública

A TVG reforza a súa aposta pola información coa estrea, hoxe, de “Área Pública”, un programa diario de debate e análise da actualidade, que presentará a xornalista Susana López Carbia, unha cara nova na TVG, e que dirixirá Carlos F. Amado.  

O programa, que comezará ás 18.30 horas, estará pegado de cheo á actualidade do día, con conexións en directo cos puntos onde se estea a producir a esa hora a noticia e coa presenza de convidados e entrevistas en directo.

Na súa primeira entrega, o espazo, que supón unha novidade na grella da Televisión de Galicia tanto no horario coma no formato, terá como convidado ao vicesecretario de Comunicación do PP, Pablo Casado.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar