Concellos, Cruz Vermella, Unicef e Cáritas coordenan coa Xunta a acollida dos inmigrantes

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, acompañada da directora xeral de Familia e Inclusión, Amparo González,  presidirá a primeira reunión de coordinación para o plan de acollida aos refuxiados. Na sala de xuntas da Consellería (Edificio Administrativo de San Caetano).  foto xoán crespo 11/09/15
A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, acompañada da directora xeral de Familia e Inclusión, Amparo González, presidirá a primeira reunión de coordinación para o plan de acollida aos refuxiados.

O Goberno galego, diversas entidades sociais e os concellos mantiveron esta mañá en Santiago a primeira xuntanza do grupo de traballo que se encargará de coordinar o plan de apoio aos refuxiados que cheguen a Galicia.

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, presidiu este encontro, no que estiveron representadas –ademais do departamento que dirixe- as consellerías de Educación, Sanidade, Medio Ambiente e Infraestruturas e Vicepresidencia, a través da Dirección Xeral de Exteriores e Cooperación; a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp); e as principais ONG que traballan con refuxiados en Galicia (Cruz Vermella, Unicef, ACCEM e Cáritas).

O obxectivo é avanzar na elaboración dun protocolo de actuación que ofreza unha resposta “áxil e digna” á situación destas persoas. “A coordinación debe ser absoluta”, apuntou, xa que “non se trata só de acoller”, senón tamén de “integrar”, un obxectivo “igual de importante” e no que a Xunta traballará de xeito transversal.

Ademais, Mato concretou que esta coordinación debe producirse en dúas direccións: co Goberno estatal, en tanto posúe as competencias nesta materia; e entre todas aquelas entidades e institucións galegas que están en disposición de ofrecer os seus recursos e servizos.

Neste sentido, fixo un chamamento á “axilizar” a resposta e marcou que o obxectivo é poder contar a próxima semana cun “mapa” dos recursos dispoñibles en Galicia co fin de trasladarllos ao Goberno central. Así, todos os participantes déronse de prazo ata o mércores para poder ter un “listado” completo e unificado co fin de presentalo a Madrid “o antes posible”.

“Fomos a primeira comunidade autónoma en ofrecer as instalacións propias e programas de acompañamento da Xunta”, recordou a conselleira, quen aproveitou para eloxiar a “solidariedade amosada polo pobo galego” ante esta situación de emerxencia.

..

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar