O Concello de Santiago fixará una axenda internacional que xere retornos para a cidade

Martiño Noriega_xulio Rios

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reuniuse co director do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI), Xulio Ríos. Foi unha primeira toma de contacto a fin de traballar na creación dunha axenda internacional específica para a cidade.

En palabras de Martiño Noriega, o obxectivo é «aproveitar as sinerxias que a propia cidade xera», así como a súa «carga simbólica», para crear «dinámicas que teñan un retorno na cidade». Así, referiuse a retornos no eido cultural e simbólico pero, sobre todo, no tecido económico da cidade.

Nos vindeiros meses -indicou o alcalde- traballarase para «sistematizar» esta axenda internacional. Na definición da mesma colaborarase co IGADI. Así, o seu director coincidiu na aposta por unha «acción exterior específica» de Santiago, partido do seu papel como «cidade universal, cunha enorme potencialidade e que xera unha axenda exterior importante por si mesma». Neste sentido e a propósito dos refuxiados, lembrou o «papel global» que xa teñen os concellos na actualidade.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar