Vigo sitúase á cabeza do sector conserveiro galego

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, clausurará a VII Conferencia Mundial do Atún.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, clausurará a VII Conferencia Mundial do Atún.

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, clausurou  a VII Conferencia Mundial do Atún que tivo lugar no Centro Social AFundación de Vigo. O titular do Goberno galego situou á cidade olívica á cabeza de Galicia e de España en moitos aspectos como na industria, impulsada polo naval e a automoción; no espazo económico e estratéxico común que conforma co norte de Portugal na Eurorrexión; e así tamén no sector conserveiro. Un sector conserveiro -“e máis en concreto o da industria do atún”- que o presidente cualificou como “unha peza clave no noso sistema produtivo”.

Ao fío desta idea o responsable do Executivo Autonómico falou da importancia do sector conserveiro en Galicia que xera o 6,5% de emprego industrial, achega o 2,8% do PIB e converte a Comunidade na principal exportadora de produtos do mar, con máis do 80% do total de conservas a nivel estatal. No tocante á relevancia do sector atuneiro dentro da industria conserveira, Feijóo apuntou que “de cada tres latas de conservas que se producen no noso país, dúas conteñen no seu interior este saudable produto”.

Na súa intervención, o presidente galego subliñou tamén o papel xogado pola Administración autonómica na reestruturación e modernización paulatina da industria conserveira. Deste xeito destacou as liñas de traballo marcadas pola Xunta de Galicia como o plan estratéxico para o sector, “que en breve será presentado a todos os axentes implicados e ao conxunto do pobo galego”. O Plan Estratéxico da Conserva abordará tres puntos clave como as liñas mestras que deben guiar o sector durante os próximos cinco anos; o marco de apoio económico -cun financiamento ata o de agora de 41,5 millóns de euros para 103 proxectos do sector transformador y comercializador-; así como unha serie de actuacións concretas en diferentes ámbitos como a accesibilidade ás materias primas ou o uso de novas tecnoloxías.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, clausurará a VII Conferencia Mundial do Atún.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, clausurará a VII Conferencia Mundial do Atún.

Nesta liña, Feijóo fixo referencia á presentación, no día de hoxe, do novo Observatorio da Trazabilidade para que todas as conservas que se comercializan na Unión Europea cumpran as mesmas normas e exista unha vixilancia e control uniforme nos 28 Estados Membros da Unión.

CONFERENCIA MUNDIAL PARA UN MERCADO GLOBAL

O presidente da Xunta destacou a relevancia da Conferencia Mundial do Atún, que conta coa participación de máis de 300 directivos de empresas dos cinco continentes, para os consumidores. “Son eles os que deben estar no centro das iniciativas empresariais privadas e, por suposto, das políticas públicas que se desenvolven no sector”, abondou.

Nas súas verbas, Feijóo destacou tamén a importancia do sector empresarial que representa a tradición da relación entre o mar e a industria. Neste sentido salientou a ANFACO-Cecopesca como “un organismo que soubo aglutinar o bo facer e os intereses comúns do sector”.

Cara ao final do seu relatorio, o responsable da Xunta amosou a súa convicción de que entre todos -sector industrial, empresarial, Administración e consumidores- “acadaremos o obxectivo que nos propoñemos: consolidar unha industria punteira, intensiva en traballo, tecnoloxía e innovación, que compita a nivel internacional e axude a dinamizar as zonas costeiras, reforzando o noso tecido empresarial”.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar