Satisfacción en Ourense pola «alta velocidade moderna e digna»

Ministerio Fomento_Baltar_Vázquez_conselleir Ethel_Madrid

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, dixo en Madrid ao remate da reunión que mantivo coa ministra de Fomento, Ana Pastor, e con representantes do ministerio que a nosa provincia «Terá unha integración do AVE sostible, moderna e respectuosa co medio ambiente», e agradeceu a Ana Pastor «que cumpra un novo compromiso con Ourense ao botar a andar un grupo de traballo onde a cooperación entre administracións fará posible que a provincia de Ourense teña unha alta velocidade moderna e digna».

O presidente do goberno provincial reuniuse coa titular de Fomento, co secretario de Estado de Infraestruturas, Julio Gómez-Pomar, e co secretario xeral de Infraestruturas, Manuel Niño, xuntanza na que tamén participaron o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia, Ethel Vázquez, e na que analizaron o aceso do AVE á capital ourensá e a construción da nova estación intermodal.

O Ministerio de Fomento informou sobre a situación na que se atopan as obras entre Taboadela e a estación Ourense-Empalme, así como que se están a analizar as alegacións presentadas no seu día polo Concello de Ourense. O alcalde, Jesús Vázquez, manifestou a súa satisfacción polo desenvolvemento do encontro, afirmando que se está a traballar co horizonte en 2018, «con ánimo construtivo e absoluta lealdade institucional entre as catro administracións implicadas, antepoñendo os intereses xerais dos veciños e veciñas de Ourense», engadindo que a estación intermodal e a propia integración ferroviaria do AVE, onde a permeabilidade será unha das súas claves, «son os grandes proxectos de futuro para a nosa cidade e a nosa provincia

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar