Feijóo: «A recuperación económica chega a Galicia»

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, considera que os favorables datos sobre o paro fan pensar que «a recuperación económica chega a Galicia», aínda que tamén matiza que «temos que ser moi humildes nas valoracións» mentres siga a situación de desemprego.

O presidente considera «alentadores» os datos de hoxe, que veñen a confirmar unha evolución favorable ao longo de vintedous meses.

Galicia é a Comunidade autónoma na que máis baixou o paro este mes en termos absolutos e a terceira rexión en termos relativos.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar