Augas de Galicia comunica ao concello de Ferrol que a depuradora é da sía responsabilidade

Augas de Galicia advertiu este mércores ao Concello de Ferrol de que a «posta a punto de todas as instalacións de depuración para o seu correcto funcionamento» é unha das «responsabilidades» municipais, ao tempo que asegurou que «o primeiro en coñecer as filtracións» de auga non depurada no Prioriño «foi o Concello».

En resposta ás acusacións realizadas contra Augas de Galicia por parte da Casa do concello, o departamento autonómico recordou ao Concello que o feito de comunicar «dificultades no desenvolvemento» das tarefas de posta a punto desta depuradora non le «exime» das súas obrigas, que pasan por garantir o seu «correcto funcionamento».

A empresa municipal Emafesa, «presidida polo alcalde» de Ferrol, comunicou «informalmente» a Augas de Galicia «en xullo deste ano que existían filtracións que estaban a limitar a posta en marcha dos novos procesos de depuración». Tras esta comunicación, Augas de Galicia puxo a información en coñecemento da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, organismo encargado de «executar e recibir» as obras.

Este martes, Augas de Galicia solicitou información sobre a situación a Emafesa e realizou unha visita de inspección á Edar de Cabo Prioriño. Non obstante, apuntaron, a día de hoxe «non se ten constancia de contestación» por parte de Emafesa».

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar