O PP de Ourense traballa xa nas eleccións xerais

Centro Cultural Parada Justel de Esgos_Baltar_Comité de direccion PPOu Ourense

O Centro Cultural «Parada Justel» de Esgos acolleu esta tarde a reunión do Comité de Dirección do PP de Ourense, retomando así a actividade orgánica do partido co inicio do curso político.

Na reunión, que estivo presidida polo presidente provincial, Manuel Baltar, comezáronse a planificar diversos actos e reunións preparatorias de cara aos vindeiros comicios, as Eleccións Xerais. Así, celebraranse reunións en cada partido xudicial da provincia para deseñar, conxuntamente co Comité de Campaña -o primeiro en constituirse de España o pasado 31 de xullo, e que estará coordinado polo secretario provincial do PPOU, Rosendo Fernández-, os actos electorais dos vindeiros comicios.

Tamén se abordou na reunión do Comité de Campaña o tradicional acto de inicio de curso político para os populares ourensáns, que terá lugar, como nos últimos cinco anos, en Os Milagros. Será a Convención de cargos públicos, que dará o pistoletazo de saída ao curso político, a partires da segunda quincena de setembro.

Na reunión do Comité de Dirección, o presidente provincial, Manuel Baltar, destacou que «o PPOU está a pleno rendemento para volver a acadar unha importante victoria nas urnas nos vindeiros comicios».

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar