Descobren un torpedo de adestramento de guerra en Foz

   Un veciño da localidade lucense de de Foz entregou a axentes da Garda Civil un «torpedo reclamo de adestramento de guerra antisubmarina» que atopara nunha praia do concello.

Segundo informou o Instituto Armado do municipio da Mariña, trátase dun artefacto de 91 centímetros de longo por 20 centímetros de diámetro, que non contén explosivo e é usado por «diversas mariñas de guerra para adestramento».

O proxectil foi descrito como un artefacto do sistema EMATT americano de guerra antisubmarina. Foi achado na tarde do luns e permanece baixo custodia da Garda Civil «para o seu posterior procesamento».

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar