O último «Tren do Peregrino» deste verán chega a fín de semana

Tren do Peregrino_nava Castro e outros

 

Esta fin de semana chega de novo a Galicia o Tren do Peregrino, unha das grandes novidades do programa ‘Galicia a todo tren’ que Turismo de Galicia promove en colaboración con Renfe e o Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde).

O Tren do Peregrino saíu de Madrid o xoves con destino Santiago de Compostela onde chegará tras percorrer tres etapas do Camiño que os viaxeiros poden facer a pé ou na súa bicicleta, coa que poden viaxar a bordo.

En cada estación na que o tren se detén ata o lugar onde se inicia a etapa da Ruta Xacobea os viaxeiros son trasladados nun autobús que os acompaña no seu traxecto para os desprazamentos que sexan necesarios.

Esta nova opción que vivir a experiencia única que supón o Camiño de Santiago, inclúe o aloxamento nunha das 55 cabinas de Gran Clase con baño completo, os almorzos e dúas ceas que se servirán a bordo do tren a primeira e a última noite da viaxe. Así mesmo, inclúe tamén unha selección de excursións, actividades e visitas culturais completan a viaxe.

Así, o concepto do Tren do Peregrino responde ao dun hotel en movemento que dispón de cuartos con baño completo para pasar a noite, un coche cafetaría, dous coches restaurante e outro coche máis acondicionado para o ocio ou os faladoiros.

Trátase, polo tanto, dunha oferta  que ofrece a posibilidade de percorrer o Camiño de Santiago, combinando natureza, cultura e gastronomía.

A comodidade que supón contar co transporte e o aloxamento nun só produto moderno e confortable é a esencia deste produto turístico.

 

ITINERARIO

O itinerario comezou o xoves en Madrid nunha xornada que rematou en Astorga. O día seguinte, no traxecto Astorga-Ponferrada, os viaxeiros puideron realizar unha etapa do Camiño e unha visita guiada as Médulas. O sábado (Ponferrada-Ourense) os pasaxeiros foron trasladados en autobús desde Monforte para realizar outra etapa do Camiño antes de chegar a Ourense. Por último, o domingo os viaxeiros realizarán unha nova etapa antes de asistir á misa do peregrino. Pola tarde, os viaxeiros coñecerán a capital de Galicia cunha visita guiada antes partir de novo cara a Madrid ás 21,15 horas.

 

 

TRENS TURÍSTICOS DA FÍN DE SEMANA

Así mesmo, este sábado e domingo volven a saír os tren turísticos do programa ‘Galicia, a todo tren’ promovido por Turismo de Galicia en colaboración con Renfe e o Inorde.

Os trens que percorrerán a xeografía galega neste sábado serán o da Ruta dos Faros e o tren da Ruta do Viño da Ribeira Sacra.

Pola súa parte, o domingo fará o seu recorrido o tren da Ruta do Viño das Rías Baixas mais o de Monterrei.

Este programa que celebra xa a súa terceira edición segue espertando gran interese entre galegos e turistas que ven a posibilidade de coñecer os paraxes máis espectaculares da comunidade galega dun xeito diferente.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar