Caldas de Reis convida a visitar a primeira praia fluvial con bandeira azul

 

Praia fluvial A Calzada_Caldas dez Reis_2

Ponte Caldelas vivirá esta fin de semana unha actividade innovadora e pioneira caracterizada pola unión, a través do mundo das bicicletas, do centro da vila coa primeira praia fluvial de España con Bandeira Azul mediante un paseo ata A Calzada nun novo concepto de mobilidade sostible e divertida.

Persoas de tódalas idades terán á súa disposición, con prezos populares, a posibilidade de pasear nos populares segways (patinetes eléctricos), karts, patines, bicis e bici tandem desde o centro da vila de Ponte Caldelas ata a praia da Calzada.

Caldas de Reis_Río Umia_1

 

Esta actividade poderá ser disfrutada de xeito individual ou coletivo, en solitario ou en familia posto que hai karts equipados con asentos de 2, 4 e 6 prazas.

Outro elemento que causará o interese dos pontecaldeláns e daquelas persoas que visiten o municipio durante esta fin de semana serán as bici tandem que poderán permitir o disfrute dun paseo por parellas á beira do río Verdugo.

Esta actividade estará a disposición do público en xeral o sábado 29 e o domingo 30 de agosto en horario de mañá e tarde.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar