Rescatada una persoa que caeu nunha zona rochosa de Baiona

 

   Unha persoa tivo que ser rescatada logo de caer por unha zona rochosa na zona do Paseo Monte de Boi, situado no concello pontevedrés de Baiona.

Segundo informou o CAE 112 Galicia, o aviso produciuse ás 8.10 horas deste mércores e ata o lugar do suceso desprazáronse efectivos do Grupo de Emerxencias supramunicipais (GES) do Val Miñor.

O accidentado, que recibiu un forte impacto nun costado pero que se mantivo consciente en todo momento, atopábase nun lugar de difícil acceso para os técnicos sanitarios, aínda que non foi necesaria a intervención dos bombeiros para o seu rescate. Ao lugar do accidente tamén se desprazaron axentes da Policía Local e Urxencias Médicas.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar